Preguntas frecuentes
Faq
Tes preguntas?
Benvido á nosa sección de preguntas frecuentes (FAQ). Aquí encontrarás respostas claras e concisas ás preguntas máis comúns sobre a venta de ouro e prata. O noso obxectivo é brindarte a información que precisas para tomar decisións sobre os teus activos de metais preciosos. Se tes algunha pregunta adicional que non se aborde aquí, non dudes en poñerte en contacto co noso equipo de expertos. Estamos aquí para axudarte en cada paso.
Canto vale o meu ouro ou prata?
O valor do teu ouro determinase principalmente polo seu peso e pureza, xunto cas tasas actuais do mercado de metais preciosos. Para obter unha valoración precisa, recomendamoste que traias os teus obxectos de ouro o prata á nosa tenda para unha tasación profesional. Os nosos expertos en metais preciosos evaluarán coidadosamente os teus artículos e proporcionarante unha oferta xusta e competitiva. Podes confiar na nosa experiencia e coñecemento do mercado para obter o mellor valor polos teus activos de ouro.
Qué produtos de ouro o prata podo vender?
Podes vender unha gran variedade de produtos de ouro e prata, incluíndo xoias, reloxos, moedas, lingotes, barras ou outros obxectos de valor que conteñan ouro ou prata. Os nosos expertos en metais preciosos poden tasar e comprar unha amplia gama de artículos, independentemente da súa forma ou tamaño. Se tes dúbidas sobre si un artículo específico é elexible para a súa venda, non dudes en poñerte en contacto con nós e estaremos encantados de proporcionarte orientación adicional.
Cómo se consegue o prezo do valor do ouro?
O valor de teu ouro determínase principalmente polo seu peso e pureza, xunto cas tasas actuais do mercado de metais preciosos. Para obter unha valoración precisa, recomendámoste que nos traias os teus obxectos de ouro ou prata para unha tasación profesional. Os nosos expertos en metais preciosos evaluarán coidadosamente os teus artículos e proporcionarante unha oferta xusta e competitiva.
Qué necesito para vender o meu ouro ou prata?
Para vender as túas pezas de ouro ou prata, necesitas presentar un documento de identificación válido, como o teu DNI, pasaporte en vigor ou a tarxeta de residencia de extranxería, en caso de que sexas de outro país. Estos documentos son necesarios para verificar a túa identidade e cumplir cos requisitos legais nas nosas transaccións.
Qué cantidade ou peso mínimo podo vender?
En xeneral, podes vender calquer tipo de peza de ouro, sen importar o peso ou tamaño da mesma, como xoias rotas, moedas soltas, pequenos fragmentos ou pepitas. Non é o mesmo caso para aa prata, sendo este un metal con moita menos liquidez, alta volatilidade e dificultade de almacenaxe, se a peza é demasiado lixeira ou non é suficientemente pura, quizais non estemos interesados nela.
Canto ouro se pode vender sen declarar?
Sempre que teñas rendementos de actividades económicas que superen os 1.000 euros ó ano, terás a obligación de declarar estas rentas. A venta de ouro está suxeita ó cumplimento de certas obligacións fiscais e ti, como vendedor, estás obligado a declarar as ganancias obtidas pola venta de ouro na túa declaración da renta. A cantidade de ouro que se pode vender sen declarar, polo tanto, é nula.
Cómo é o proceso de tasación?
O proceso de tasación do ouro implica una serie de pasos que os expertos seguen para determinar o valor dun artículo de ouro. Aquí explicámoste cómo funciona xeralmente este proceso:
-
- Test con ácidos do ouro. Permite comprobar se se trata dunha peza de ouro auténtica ou de unha réplica falsa. Baséase en frotar ca pedra de Arkansas, tamén chamada pedra de toque, unha parte da xoia, de modo que unha mostra diminuta do ouro queda sobre a pedra. Este proceso non implica dano algún para a peza, xa que a mostra é imperceptible ó ollo humano. Seguidamente, aplicase sobre a pedra unha gota de ácido para observar a reacción e poder determinar a pureza e calidade do ouro.
- Espectómetro. A peza sométese posteriormente ó efecto dunha pistola de raios X. Esta pistola ten a capacidade de analizar de forma casi inmediata a porcentaxe e o contido de ouro e doutros metais na pedra, como a prata e o cobre. O contido queda analizado e detallado por completo, de modo que é unha das técnicas más fiables para coñecer a composición exacta dunha xoia.
- Densímetro. Este proceso é válido únicamente en pezas que non están montadas con pedras e que non están ocas, como poden ser moedas ou lingotes. Ademais, só se poderá utilizar se se confirmou anteriormente que a peza é de ouro co test de ácidos. Esta máquina baséase no principio de Arquímedes para obter o peso específico da peza. Primeiro pésase no aire e posteriormente na agua, calculando o valor do peso específico
Seguindo este procedemento, obtense o valor exacto dunha peza de ouro segundo a súa composición.
Qué son os kilates do ouro?
Os kilates son unha medida de pureza e calidade utilizada para describir o ouro e outros metais preciosos, como a prata. Os kilates utilízanse para indicar a proporción de ouro puro nunha peza de metal precioso en relación con outros metais ou aleacións presentes.
-
- Ouro de 24 kilates (24K): O ouro de 24 kilates é ouro puro ó 100%. Esto significa que non contén ningún outro metal na súa composición. É extremadamente suave e maleable, o que o fai menos adecuado para a fabricación de xoias e obxectos que deben ser duradeiros, xa que tende a dobrarse e raiarse fácilmente.
- Ouro de 18 kilates (18K): O ouro de 18 kilates contén un 75% de ouro puro e un 25% de outros metais, como prata, cobre ou outros, que utilizanse para endurecer a aleación. O ouro de 18K é unha opción popular para a fabricación de xoias, xa que combina a beleza do ouro puro cunha maior durabilidade.
- Ouro de 14 kilates (14K): O ouro de 14 kilates contén un 58.3% de oro puro y un 41.7% de otros metales. É unha opción común na fabricación de xoias en moitos lugares, xa que ofrece un bo equilibrio entre a beleza do ouro e a resistencia á abrasión.
- Ouro de 10 kilates (10K): O ouro de 10 kilates contén un 41.7% de ouro puro e un 58.3% de outros metais. Tén menos ouro puro que as opcións de 18K e 14K, polo que é menos costoso, pero tamén é menos valioso e menos brillante en apariencia.
É importante ter en conta que canto maior sexa o número de kilates, maior será o contido de ouro puro e, polo tanto, maior será o valor e a pureza do metal. Sen embargo, a medida que aumenta o contido de ouro puro, a aleación pode volverse máis suave e menos duradeira, polo que a elección do número de kilates dependerá da finalidade da peza de xoiería ou do uso que se lle dará.
Ponte en contacto
Nosa dirección
Avenida Constitución 31, Bajo
15930, Boiro, A Coruña, España
Chámanos
+34 622 64 54 83
Envíanos un correo
info@compraroroboiro.com
O envíanos unha mensaxe